Publicacións

HAI, AÍ,AI/ HABER A VER

Imaxe
    Por aí hai unha libraría onde podes mercar o libro de Matemáticas que che pediron. Haber teno que haber . A ver se o teñen. Se non o teñen intentarei axudarche eu no meu barrio que tamén hai unha libraría e a ver se aí os hai. https://www.plataformaarquitectura.cl/cl/874697/libreria-quede-pablo-dellatorre-plus-estudio-montevideo https://www.elcorteingles.es/libros/A19133232-codigo-bruno-matematicas-2-bachillerato-tapa-blanda-9788469611555/

RELATO:DONA MARUXIÑA E A IGREXA DE POBOMAIOR

Imaxe
   Nunha vila moi lonxe , hai unha igrexa que se chaman a igrexa de Pobomaior. A esa igrexa vai todos os domingos Dona Maruxiña, unha señora solteira, á que lle morreu afogado o único fillo que tiña. Todos os domingos vai rezar por esa desgraza, para que cando chegue a noite e se vaia durmir, non lle quede unha “espiña” cravada no corazón por non orar pola morte do seu fillo. Un domingo esquécese de ir á igrexa , e cando chega a noite sinte unha dor moi forte no corazón. Esa mesma noite   vai cara ao río que hai preto da igrexa onde   morreu afogado o seu fillo. Ponse a rezar para ver se se lle pasa a dor. De alí   a un rato, desliza a vista cara a auga e pecha os ollos. Despois de varios segundos ábreos e na auga aparece a figura da cara do seu fillo. De repente, déixalle de doer o corazón e pensa que aparte de ir á   igrexa todos os domingos pola mañá , tamén irá todos os días pola noite   ao río que hai preto da igrexa de Pobomaior. IDAI...

PORQUE/POR QUE / SE NON/SENÓN

Imaxe
-Por que non fixeche as tarefas ? -Porque non as anotei na axenda -Pois se non as fas suspendes a materia ou senón chamo a túa familia para     comunicarlle que non estás facendo nada https://www.pinterest.ph/pin/378654281171322119/

DÚBIDAS LÉXICAS

Imaxe
     Aquela noite deiteime cedo porque tiña moito sono e á parte o día seguinte pola mañá tiñamos moito traballo para preparar todo e ir á vila dos meus avós para investir con eles un pouco de tempo   a fin de semana. A verdade   é que non durmín moito porque tiven un soño un pouco estraño.       Á mañá seguinte, cando me levantei , non había ninguén na casa; meus pais foran á igrexa co resto do pobo e os meus irmáns estaban no garaxe intentando desenrolar a mangueira para lavar o coche.      Mentres almorzaba, e me preparaba para estar lista cando chegase a hora de marchar, puxen un documental na TVG, onde o presentador ía desenvolver un tema sobre o cambio climático, e de vez en cando facía algún aparte para aclarar mellor algún concepto clave. Cando acabou de desenvolver o tema deunos o seu enderezo para enviarlle comentarios ou preguntas.      Apaguei a televisión. Eu xa estaba lista para m...

MAIÚSCULAS E MINÚSCULAS

Imaxe
            Era unha tarde de inverno e de moita choiva. Marta está na súa casa de Madrid facendo un traballo para entregar o mércores tres de xaneiro. Marta era unha rapaza intelixente que está estudando 4º da ESO.                    Cando chegan as nove da noite, a súa nai vai ao seu cuarto e dille:     Marta fáltache moito para terminar? E Marta díxolle que si e que cando acabase xa baixaría a cear.          Cando acabou de cear, deulle as boas noites á súa familia e marchou de novo para o seu cuarto. Púxose a ler o seu libro favorito que é  O corazón deXúpiter . Cando  cansou de ler, pousou o libro na  cabeceira de noite e quedou durmida.          Á mañá seguinte, mentres almorzaba, acendeu a tele ...

ASÍ SON EU: GÚSTAME/NON ME GUSTA

Imaxe
Gústame:    A ensalada de pasta que fai a miña nai todos os venres, saír as fins de semana cos meus amigos e amigas, o respecto entre todos e todas, os cans, a música, ver películas de medo co meu pai, xogar ás cartas coa miña irmá, ir ó cine, comer chocolate, andar en bicicleta, a forma na que a miña irmá me coida, a neve, falar por Whatsapp cos meus amigos e amigas, pasear polo bosque, a cor vermella, a paz, a sinceridade, a verdade, a natureza, as ondas do mar, o verán...     Non me gusta:    A violencia, a guerra, o instituto, a choiva, os gatos, o sangue, a falta de respecto, que me ignoren, que me deixen de lado, xogar a videoxogos, o biscoito, o rock, a cor branca, a cor negra, o peixe, o bulling, a fanta, o bocadillo de chourizo, os exames de matemáticas, os luns, as motos, cantar diante de moita xente,...