DÚBIDAS LÉXICAS


     Aquela noite deiteime cedo porque tiña moito sono e á parte o día seguinte pola mañá tiñamos moito traballo para preparar todo e ir á vila dos meus avós para investir con eles un pouco de tempo  a fin de semana. A verdade  é que non durmín moito porque tiven un soño un pouco estraño.

     Á mañá seguinte, cando me levantei , non había ninguén na casa; meus pais foran á igrexa co resto do pobo e os meus irmáns estaban no garaxe intentando desenrolar a mangueira para lavar o coche.

    Mentres almorzaba, e me preparaba para estar lista cando chegase a hora de marchar, puxen un documental na TVG, onde o presentador ía desenvolver un tema sobre o cambio climático, e de vez en cando facía algún aparte para aclarar mellor algún concepto clave. Cando acabou de desenvolver o tema deunos o seu enderezo para enviarlle comentarios ou preguntas.

    Apaguei a televisión. Eu xa estaba lista para marchar. Os meus irmáns seguían coa mangueira e decidín baixar a inverter o sentido do botón desta para que se  apagase. Subimos para casa e os meus pais xa chegaran.

    Por fin puidemos coller o coche e saír en dirección á vila dos meus avós.

https://casaguay.com/riego/mangueras/



   

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MAIÚSCULAS E MINÚSCULAS

HAI, AÍ,AI/ HABER A VER