MAIÚSCULAS E MINÚSCULAS
Era unha tarde de inverno e de moita choiva. Marta está na súa casa de Madrid facendo un traballo para entregar o mércores tres de xaneiro. Marta era unha rapaza intelixente que está estudando 4º da ESO.
Cando chegan as nove da noite, a súa nai vai ao seu cuarto e dille:
- Marta fáltache moito para terminar? E Marta díxolle que si e que cando acabase xa baixaría a cear.
Cando acabou de cear, deulle as boas noites á súa familia e marchou de novo para o seu cuarto. Púxose a ler o seu libro favorito que é O corazón deXúpiter. Cando cansou de ler, pousou o libro na cabeceira de noite e quedou durmida.
Á mañá seguinte, mentres almorzaba, acendeu a tele na cadea Antena 3 e colleu o xornal La Voz de Galicia e leu unha noticia que lle sorprendeu moito e que cando acabou de lela, dixo:
- Miña nai non o podo crer! Tratábanse de tres incendios: Un no norte de Alemaña, outro no sur de Francia e o último no oeste de Bélxica. Acabou o almorzo, colleu a mochila e saíu da casa para ir ao instituto.
Cando entrou nel, viu a súa profesora de Lingua Castelá, a Sra. Gómez, e díxolle:
- Sra. Gómez, hoxe na clase podo falar dunha noticia que lin no xornal esta mañá e dalgunha maneira sacarlle algunha reflexión?
E a señora Gómez de boas maneiras díxolle:
- Marta, si, si que podes.
https://www.freepik.es/psd-gratis/letras-mayusculas-minusculas-psd-icono_567761.htm
Comentarios
Publicar un comentario