RELATO:DONA MARUXIÑA E A IGREXA DE POBOMAIOR


   Nunha vila moi lonxe , hai unha igrexa que se chaman a igrexa de Pobomaior. A esa igrexa vai todos os domingos Dona Maruxiña, unha señora solteira, á que lle morreu afogado o único fillo que tiña. Todos os domingos vai rezar por esa desgraza, para que cando chegue a noite e se vaia durmir, non lle quede unha “espiña” cravada no corazón por non orar pola morte do seu fillo. Un domingo esquécese de ir á igrexa , e cando chega a noite sinte unha dor moi forte no corazón. Esa mesma noite  vai cara ao río que hai preto da igrexa onde  morreu afogado o seu fillo. Ponse a rezar para ver se se lle pasa a dor. De alí  a un rato, desliza a vista cara a auga e pecha os ollos. Despois de varios segundos ábreos e na auga aparece a figura da cara do seu fillo. De repente, déixalle de doer o corazón e pensa que aparte de ir á  igrexa todos os domingos pola mañá , tamén irá todos os días pola noite  ao río que hai preto da igrexa de Pobomaior.



IDAIRA FONTELA VICENTE

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MAIÚSCULAS E MINÚSCULAS

HAI, AÍ,AI/ HABER A VER